Quen somos

UIE

A túa universidade orientada á empresa, innovación, emprendemento e tecnoloxía.

UIE é a evolución natural das máis de tres décadas de experiencia no ámbito da Educación Superior de Afundación.

A universidade
de Galicia para o mundo

Diferéncianos a nosa metodoloxía innovadora, centrada sempre no estudante, e única en Europa.

Convértete na persoa que soñas ser, adquirindo coñecementos prácticos e útiles no panorama laboral do futuro.

A UIE é unha universidade acreditada de servizo público e xestión privada, sen ánimo de lucro, con campus propios na Coruña e Vigo e unha sede administrativa en Santiago de Compostela.

Ten tres facultades:
• Administración de Empresas e Dereito.
• Enxeñaría e Tecnoloxía Empresarial.
• Ciencia, Tecnoloxía e Xestión da Saúde.

Ademais, posúe un amplo programa de Educación Executiva, educación internacional e títulos propios.

A UIE é unha institución centrada no estudante, comprometida coa excelencia, a investigación e o rigor académico en todos os programas. Conta á súa vez, con diferentes plans de becas onde o requisito fundamental é o talento e o esforzo, o que dá prioridade a estudantes con recursos económicos limitados. Mentoring, titorías obrigatorias, avaliación continua e novas tecnoloxías da aprendizaxe en grupos pequenos son parte esencial da nosa metodoloxía.

Modelo académico

Aposta por un modelo innovador e único en Europa.

Normativa e Calidade

Comprometidos coa calidade e a transparencia.

Instalacións da universidade

Máis de 74.100 m2 en toda Galicia.

Orientación profesional

Contigo para dar o salto ao mundo laboral.

Aínda non sabes
que é UIE?

UIE é o acrónimo para Universidade Intercontinental da Empresa. Porque iso é o que nos define: a nosa internacionalidade e o noso foco sempre posto en formar en empresa e emprendemento aos profesionais do futuro.

Pero en UIE somos máis, moito máis.

Equipo Directivo

Coñece as autoridades da Universidade Intercontinental da Empresa.

Fundación Universidad Intercontinental de la Empresa

Padroado

Universidad Intercontinental de la Empresa

Consello Reitor

Comité de Coordinación

Coordinadora Xeral Académica

Coordinador de Desenvolvemento Corporativo

Decano da Facultade de Enxeñaría e Tecnoloxía Empresarial

Decano da Facultade de Administración de Empresas e Dereito

Coordinadora do Grao en Psicoloxía da Facultade de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión da Saúde

Coordinadora de Programas Académicos

Coordinadora de Relacións Internacionais

Responsable de Sistemas e Campus Virtual

Responsable de Calidade

Responsable de Formación Executiva

Responsable de Desenvolvemento Profesional e Prácticas

Os mellores profesionais

claustro académico

Para garantir o teu éxito laboral, deseñamos unha oferta formativa centrada no sector empresarial e tecnolóxico contando con profesionais en activo de distintos sectores como equipo formativo.

O noso obxectivo:

O teu futuro

En UIE, o máis importante es ti e o teu futuro. Por iso deseñamos unha metodoloxía e oferta formativa única enfocada na innovación, na empresa e na tecnoloxía. O noso obxectivo: que te convirtas no profesional do futuro que soñas ser.

Defínennos a nosa transparencia e o noso compromiso. Un compromiso cos nosos estudantes, contigo. Compromiso de que poderás estudar desde onde queiras, ao teu ritmo, adquirindo todas as aptitudes para o teu éxito profesional e con experiencia laboral real.

estudantes cursaron os nosos programas
+ 0
dos estudantes de grao e MBA atopan traballo en menos dun ano
+ 0 %
empresas e institucións con convenios de colaboración
+ 0
¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.